Ketuanan Melayu

Ketuanan Melayu (literalmente "supremacía malaia") é un concepto político que resalta a preeminencia malaia na actual Malaisia. Os malaios reclaman unha posición especial e dereitos especiais debido ao seu "longa presenza" nas terras que compoñen a actual Malaisia e polo feito de que o actual estado malaio evolucionou a partir dunha organización política malaia.[1][2] A institución política máis antiga de Malaisia é o sistema de gobernantes malaios dos nove estados malaios. As autoridades coloniais británicas transformaron o sistema e convertérono primeiro nun sistema de goberno indirecto, e despois en 1948, utilizando esta institución de base cultural, incorporaron a monarquía malaia nos planos da Federación Malaia.[3]

O termo Tanah Melayu, que significa literalmente "patria malaia", asume a propiedade dos estados malaios. Neste sistema, o goberno colonial reforzou o etnonacionalismo malaio, a etnia e cultura malaia e a soberanía malaia no novo estado-nación. Aínda que outras culturas seguirían florecendo, a identidade da comunidade política emerxente debía ser moldeada pola cultura política "histórica" do seu grupo étnico malaio dominante.[4] Os inmigrantes chineses e indios que forman unha minoría significativa en Malaisia, considéranse obrigados cos malaios por concederlles a cidadanía a cambio de privilexios especiais, segundo o estabelecido no artigo 153 da Constitución de Malaisia. Este acordo de contrapartida denomínase normalmente contrato social de Malaisia. O concepto de Ketuanan Melayu adoita ser citado polos políticos, especialmente os da Organización Nacional de Malaios Unidos (UMNO).

  1. Ooi Keat Gin (2008). Historical Dictionary of Malaysia. The Scarecrow Press, Inc. p. 154. ISBN 978-0-8108-5955-5. 
  2. K.Das (1987). Malay Dominance? The Abdullah Rubric. K Das Ink. p. 34. ISBN 978-0-9679999-0-6. 
  3. Amy L. Freedman (2000). Political Participation and Ethnic Minorities: Chinese Overseas in Malaysia, Indonesia, and the United States. Routledge. p. 74. ISBN 978-0-415-92446-7. 
  4. Wang Gungwu (2005). Nation Building: Five Southeast Asian Histories. Institute of Southeast Asian Studies. p. 99. ISBN 978-981-230-320-2. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search